Feb
23
01.- Quen somos?
campodafeira

A Asociación de Veciños/as Campo da Feira foi constituída o 22 de abril de 2005, contando hoxe en día con máis dun cento de socias e socios.

ASOCIACIÓN xurdíu como protesta dos veciños e veciñas de Paiosaco ao concello da Laracha por querer construir un centro sociocultural no Campo da Feira.

Os fins da Asociación de Veciños/as como se recolle nos estatutos son:

-Recoller e atender as reivindicacións das socias e socios en relación coa mellora da calidade de vida na parroquia de Lestón, sempre baseándose no interese colectivo da comunidade.

-Favorecer o desenvolvemento socioeconómico da parroquia e do concello.

-Defender a cultura galega, así como contribuír á recuperación e conservación do patrimonio cultural, etnográfico e natural da zona, como elementos básicos na mellora da calidade de vida das veciñas e veciños da parroquia e do concello.

-Contribuír ao fomento do asociacionismo. Colaborar con outras asociacións.

-Contribuír á participación social.

Se tes algunha suxerencia ou queixa mándanos un correo electrónico:

avcampodafeira.yahoo.es