Dec
3
Cea da Asociación
campodafeira in 1

A Asociación de Veciños/as Campo da Feira, como cada ano por estas datas,organiza unha cea o vindeiro sábado 8 de decembro, para as socias e socios e todas as persoas que queiran asistir.
A cea será as 9 da noite e terá lugar no local social, na Avda. Bergantiños n°48 de Paiosaco.
O menú consistirá en lacón asado con patacas.
De sobremesa haberá rosca con queixo e logo cafés e licores.

O prezo da cea é de 5 € por persoa.

Para anotarse para a festa pódese facer antes do xoves día 6 no correo electrónico Asociación:
avcampodafeira@yahoo.es
ou nos seguintes teléfonos:

646 455 489…………Xulio
646 300 977…………Marcos
687 527 700…………Eduardo

Comentarios desactivados en Cea da Asociación

A A.VV. Campo da Feira presentou este día diversos escritos denunciando que o Concello da Laracha segue a utilizar topónimos deturpados.

Os escritos están dirixidos ao Concello , á Xunta de Galiza e ao Valedor do Pobo.

 

Isto mesmo xa fora denunciado no pasado mes de marzo. Daquela o Valedor do Pobo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza dixeran que o concello xa achegara a documentación necesaria ao Instituto Nacional de Estatística para facer os cambios nos nomes dos lugares que estaban mal. Isto non é así, xa que a asociación veciñal recibíu un escrito do INE no que se nos dicía que aínda estaban á espera de que o Concello da Laracha lles remitira a documentaciónnecesaria para facer os cambios.

 

A día de hoxe, no padrón municipal séguense a usar topónimos da dictadura franquista como “PAYOSACO”, “GERMAÑA”, “GERIZ”, “SANTABAYA”, “VILAR DO BOY”, “LARACHA”, “GELA”, etc. Istes son só uns poucos exemplos, xa que o 69% dos topónimos do concello están deturpados e concretamente na parroquia de Lestón, de 15 entidades de poboación 12 teñen o nome mal (o 80%).

 

Xa vai para 10 anos que están publicados no Diario Oficial de Galiza os topónimos oficiais do Concello da Laracha, e o Goberno Municipal segue sen facer nada para que os nomes das poboacións que usaban na dictadura do “Generalísimo Franco” (nome que aínda ten a praza do concello) desaparezan do padrón municipal. O goberno do PP incumpre así a Lei de Normalización Lingüística que no seu artigo 10.1 di: “Os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”.

 

Dende a Asociación de Veciños/as non nos estraña que dende o goberno larachés non queiran utilizar os topónimos oficiais, xa que cando foron publicados no DOG, o Alcalde da Laracha opoñíase totalmente a que o nome do concello levara o artigo diante “A LARACHA”, como foi sempre.

 

No arquivo adxunto pódese ver como seguen a empregar en documentos oficiais topónimos deturpados  como “PAYOSACO” e “LARACHA”, no lugar de “PAIOSACO” e “A LARACHA”.

 

Mediante estes escritos a Asociación de Veciños/as Campo da Feira ínstalle á Xunta de Galiza e ao Valedor do Pobo que esixa ao goberno do PP no Concello da Laracha que cumpra a lei e que corrixa urxentemente os topónimos deturpados deste municipio.

Comentarios desactivados en PAYOSACO, GERMAÑA, VILAR DO BOY, GERIZ… O Concello da Laracha non cumpre a Lei

    O concello laraches (gobernado polo PP) está a discriminar un ano máis á Asociación de Veciñ@s Campo da Feira, ao non lle conceder a subvención solicitada este ano.

    Dende a Asociación, queremos poñer, unha vez máis, de manifesto, a discriminación que estamos a sofrir polo Concello da Laracha.

    A pasada semana foron concedidas as subvencións municipais ás asociacións do concello. Como é habitual no goberno larachés do PP a A.VV. Campo da Feira quedou un ano máis sen subvención. É a unica asociación do concello que ano tras ano o goberno municipal non lle da subvencións. Isto parece máis da ditadura Franquista ca dunha democracia, aínda que isto non é de estrañar, xa que o actual alcalde foi tenente-alcalde no goberno municipal cunha persoa que xa estivera gobernando no concello da Laracha coa dictadura de Franco.

    O concello da Laracha non só denegou a subvención á Asociación de Veciños/as, senón que esta presentou alegacións ás bases da convocatoria das subvencións e nin sequera contestaron a estas alegacións (é estrano, pero segundo eles parece que se extraviaron, xa que non aparecen no expediente das subvencións).

    Dende a Asociación de Veciños/as Campo da Feira seguiremos a reclamar ao Concello da Laracha que non se discrimine a ningunha asociación e por suposto a ningunha persoa. Parece ser que o que lle molesta ao goberno municipal do PP é que haxa asociacións independentes que non calen nin lle rían as gracias ao alcalde e concelleiros/as, polo que semella que se non pasas polo aro non hai subvención.

    Pódense ver máis abaixo varios escritos: 1º.-A denegación da subvención. 2º.-O escrito presentado no concello este pasado mércores. 3º.- A contestación ás alegacións ás bases da convocatoria presentadas o 26 de abril e que foron contestadas polo concello o 6 de agosto, despois de estar xa concedidas as subvencións.

 

 

 

 


Comentarios desactivados en O Concello da Laracha segue a discriminar a A.VV. Campo da Feira
Xuñ
12
Contacontos e música
campodafeira in 1

      A Asociación deVeciños e Veciñas Campo da Feira de Paiosaco, organiza o vindeiro sábado 16 de xuño ás 20:00 horas, a actuación do contacontos e cantanteSUSO DE QUINITO.

       O espectáculo de humor e música é de balde para todos os públicos e terá lugar no local da Asociación (Avda. Bergantiños 48, Paiosaco).

 

 


 

Comentarios desactivados en Contacontos e música

Hoxe vense de presentar un escrito para a mellora da rede de sumidoiros en Paiosaco, xa que cando chove os sumidoiros non dan recollido toda a auga, como xa se reclamara no mes de novembro ao Concello larachés.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios desactivados en Reclamación para a mellora da rede de sumidoiros
Abr
15
Charla Reforma Laboral
campodafeira in 1

O venres 20 de abril ás 20:30 haberá unha charla sobre a REFORMA LABORAL do PP no local da Asociación de Veciños/as Campo da Feira (Avda. Bergantiños, 48 de Paiosaco)

Comentarios desactivados en Charla Reforma Laboral

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), presentou diversos escritos no Parlamento Galego (podes velos embaixo en formato PDF), esixíndolle á Xunta de Galiza que autorice de inmediato a farmacia en Paiosaco.

Proposición para o seu debate en comisión

Proposición para o seu debate en pleno

Pregunta para resposta por escrito

Pregunta para resposta oral en comisión

Pregunta para resposta oral en pleno

Comentarios desactivados en A reclamación da farmacia chega ao Parlamento Galego.
Mar
18
A farmacia na prensa
campodafeira in 1

No Diario de Bergantiños 18/03/2012

 

Na Voz de Galicia 18/03/2012

Comentarios desactivados en A farmacia na prensa
Mar
16

Dende a Asociación de Veciños/as Campo da Feira seguimos coa campaña para reclamar a farmacia para a vila. Desta volta colocáronse carteis en Paiosaco e na Laracha (adxúntanse fotos), para facerlle ver ao alcalde da Laracha e ó seu grupo de goberno que a reclamación deste servizo é algo moi necesario para a nosa poboación; e que dunha vez esixan dende o Concello que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia autorice a farmacia para Paiosaco, xa que dende o concello non están a facer nada para acadala. E máis, aceptan sumisamente o que lles din na Consellería. Se a Conselleira lles di que non se pode autorizar, porque non hai poboación suficiente no concello, dende o grupo de goberno larachés calan e obedecen submisamente, aínda que saben que saben que hai excepcións na normativa para poder aprobar unha farmacia para Paiosaco.
Igualmente estamos a recoller novas sinaturas para enviarllas á Conselleira de Sanidade. Desta volta a sinatura realízase por internet no portal actuable.es. Desta maneira, envíanlle un correo electrónico a Conselleira, cada vez que unha persoa asina o escrito.
Dende a Asociación seguiremos a traballar neste tema ate que Paiosaco conte coa farmacia.

Copia e pega no teu navegador este enderezo e asina:

http://actuable.es/peticiones/farmacia-paiosaco-xa

 

Comentarios desactivados en Carteis reclamando a farmacia
Mar
13

Recortes da prensa do día 10 de marzo sobre as reclamacións feitas pola Asociación para que se arranxe a estrada AC-552 e se poña un carril central de incorporación para acceder á Agrela.

No diario de Bergantiños

  Na Voz de Galicia

Comentarios desactivados en Arranxo da estrada AC-552 na prensa