Feb
2
Queremos galego en Dombate
campodafeira in 1

Dombate 2

O pasado sábado a Plataforma Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte concentrouse a carón do dolmen de Dombate como acto simbólico na defensa do galego, onde se denunciou a difícil situación en que se atopa a lingua galega e onde se fixo un chamamento a acudir á moblización do vindeiro domingo 8 de febreiro ás 12 da mañá na Alameda de santiago de Compostela.

Dombate 1

Comentarios desactivados en Queremos galego en Dombate

A Asociación de Veciños/as Campo da Feira de Paiosaco remitiu a pasada semana ao Valedor do Pobo e ó Defensor del Pueblo sendos escritos denunciando a discriminación que está a sofrir, un ano si e outro tamén, por parte do Concello da Laracha, xa que denegan as subvencións solicitadas pola Asociación. Somos a única asociación do municipio que solicita a subvención e non lle é concedida.

Nestes dous escritos exponse que a Asociación de Veciños presentou o pasado 6 de abril alegacións ás bases da convocatoria pública das subvencións do concello da Laracha.
O concello, gobernado con maioría absoluta do PP, non contestou ás alegacións, cando tiña que facelo, e paralizar o proceso das subvencións até aprobar as bases definitivas. Isto mesmo sucedeu os dous últimos anos cando tamén se presentaron alegacións ás bases das subvencións do 2012 e 2013. O anos anteriores dixeron que traspapelaran os papeis. Pasaríalles o mesmo este ano?. Dende a Asociación non queremos ser mal pensados, pero é moita casualidade que isto pase tres anos seguidos.

Igualmente, a Asociación de Veciños/as presentou a solicitude da subvención o 6 de maio para realizar unha excursión. No verán o concello denegou a subvención á Asociación (sen contestar ás alegacións, claro está), porque segundo o goberno do PP larachés “non ten como obxecto social principal a realización de actividades da mesma natureza que aquelas para as que se solicita a subvención”. Segundo os estatutos da Asociación a actividade para a que se solicitou a subvención entra de cheo dentro dos obxectivos dos estatutos. En segundo lugar esiximos que o goberno municipal explique todas as subvencións que concedeu para saber se o resto das entidades teñen como fin principal a actividade para a que solicitaron a subvención, xa que de non ser así estaría discriminando á Asociación de Veciños/as Campo da Feira, tan só porque non é unha asociación monicreque do concello.

Como dicimos o goberno municipal do PP na Laracha está discriminando ano tras ano á Asociación e isto non debería pasar nun concello democrático, xa que as administracións públicas deben de ser obxectivas, imparciais e eficaces, e dende o noso punto de vista o Concello da Laracha non o é.
Comentarios desactivados en O concello do PP discrimina de novo á Asociación
Nov
8
        A asociación de Veciños e Veciñas Campo da Feira de Paiosaco, presentou estes pasados días dous escritos no concello da Laracha solicitando un colector de pilas en Paiosaco e a revisión e arranxo da rede de sumidoiros.

       No primeiro dos escritos exponse que a  veciñanza de Lestón non conta con ningún lugar axeitado á hora de desfacerse das pilas usadas, cando as administracións están todos os días lembrándonos que temos que reciclar.

     Cando nos desfacemos de forma incorrecta dunha pila estamos engadindo residuos perigosos ao medio ambiente. Entre as substancias perigosas que conteñen están o mercurio, chumbo, cadmio, níquel, cinc e manganeso. O mercurio, por exemplo, cando non é reciclado de forma axeitada, unha pequena cantidade, pode contaminar miles de litros de auga.

     Esta é xa a terceira vez que a asociación lle solicita ao concello o colector para as pilas, sen recibir contestación algunha nos dous escritos anteriores. Agardamos que esta vez si teñan en conta a nosa solicitude, senón, calquera podería entender que o goberno municipal do PP na Laracha está en contra da reciclaxe.

     No outro escrito presentado no rexistro municipal, solicítase ao goberno do PP larachés que sea arranxada a rede de sumidoiros en Paiosaco, xa que estes pasados días coa volta das choivas, puidose ver de novo como en distintos puntos de Paiosaco había inundacións na beiravía e beirarrúas, xa que os sumidoiros non daban recollido a auga caída. Nalgún paso de peóns non se podía atravesar a rúa, debido a que a auga subía por enriba da beirarrúa e chegaba aos xeonllos (como se pode apreciar nas fotografías).

O arranxo e revisión da rede de sumidoiros en Paiosaco xa foi solicitada anteriormente ao goberno municipal, sen recibir resposta algunha. O único que fixeron ao respecto foi soldar algunha tapa dos sumidoiros para que non saíran disparadas coa presión da auga que as empuxaba cara enriba. Dende o noso punto de vista isto é totalmente insuficiente e non resolve o problema, xa que a rede de sumidoiros non da recollido toda a auga que cae, como se volveu a ver estes días.

2WP_000588WP_000591

Comentarios desactivados en Escritos no rexistro do concello
Xuñ
1
Excuesión a Ourense
campodafeira in 1

 

Estimado/a socio/a:

A A.VV. Campo da Feira organiza unha excursión o domingo 8 de xuño a Ourense.

-A saída do autobús será ás 8:30 horas, no Campo da Feira de Paiosaco.

-Iremos até as Termas de Outariz e alí darémonos uns baños nas pozas, ao carón do río Miño.

-Ás 13:30 iremos xantar á Parrillada Don Pablo.

-Pola tarde iremos dar un paseo pola cidade vella e despois visitaremos o Parque Ferroviario con trens en miniatura.

-Estaremos de volta en Paiosaco arredor das 21.00 horas.

Prezos:

Socios/as 20€Non Socios/as 25€Nenos/as menores de 12 anos 15 €

Os prezos da excursión inclúen a viaxe en autobús, a entrada ao parque ferroviario e o xantar.

O menú do xantar consistirá en entrantes de croquetas, luras e tortilla, de primeiro; churrasco mixto con chourizo, patacas e ensalada, de segundo; e sobremesa, café e licores.

As persoas que queiran apuntarse para a excursión poden facelo no Local Social, os sábados véspera de feira, ou nos seguintes teléfonos até o 3 de xuño:

646 455 489 (Xulio) 646 300 977 (Marcos) 687 527 700 (Eduardo)

Nota: A excursión deberá pagarse no momento de anotarse, xa que hai que pagar o autobús e a entrada ao parque unha semana antes da viaxe.

Esperando a túa asistencia á excursión, recibe un cordial saúdo.

Paiosaco a 10 de maio de 2014

A Directiva.

Notas:

Recórdase a todas as socias e socios que aínda non pagaran o recibo anual de socio/a que poden facelo na conta da Asociación que ten en NovaGalicia Banco de Paiosaco, nº de conta: 2080-0079-99-3000031806, La Caixa da Laracha nº de conta: ES72 2100 4912 2722 0006 1073 ou no local social os sábados, véspera de feira, de 17:00 a 20:00 horas.

-Lémbrámosvos que as socias e socios teñen desconto na gasolineira da Laracha de 4,8 céntimos de € por litro de combustible. As persoas que aínda non disfruten deste desconto, teñen que aportar o nº matrícula dos vehículos para entregarllo a direción da gasolineira.

 

Comentarios desactivados en Excuesión a Ourense
Dec
4
Lotaría de nadal
campodafeira in 1

A Asociación de Veciños/as Campo da Feira ten á venda participacións da lotaría de nadal.

O nº que xoga Asociación é o 54.683 e as participacións son a 5€.

As persoas interesadas na lotaría poden poñerse en contacto coa directiva ou no correo:

avcampodafeira@yahoo.es

Comentarios desactivados en Lotaría de nadal
Nov
29
Cea de nadal
campodafeira in 1

Coma cada ano por estas datas a Asociación de Veciños Campo da Feira organiza unha cea para as socias e socios. Será o vindeiro sábado 7 de decembro ás 21 horas.

O menú consistirá en:

– Lacón asado con patacas.

– Rosca con queixo de sobremesa.

– Cafés e licores.

O prezo da cea é de  5€ por persoa.

As persoas que estean interesadas en asistir deberán comunicalo antes do xoves 5 no correo da asociación (avcampodafeira@yahoo.es) ou no teléfono 646 455 489.

Comentarios desactivados en Cea de nadal

O vindeiro sábado 30 de novembro ás 7 da tarde, no local social da Asociación de Veciños/as Campo da Feira de Paiosaco,terá lugar a presentación do libro “No balouçar do vento” de Antom Laia. No acto o autor estará acompañado por Xurxo Souto.

Comentarios desactivados en Presentación do libro “No balouçar do vento”
Out
12

Como sinalan os estatutos da Asociación de Veciños/as Campo da Feira, cada 2 anos hai que renovar a Xunta Directiva, e onte 11 de outubro celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria, na que o único punto da orde do día era a renovación da Xunta Directiva.

A única candidatura presentada foi elexida por unanimidade, das socias e socios asistentes á Asemblea que se celebrou en segunda convocatoria ás 20:30 horas no local social.

A Xunta Directiva queda formada por:

 

 Presidente: Xulio Ponte Veiga

 Vicepresidenta: Mercedes Añón Pedreira

      Secretario: Luciano García Cotelo

 

 

 Tesoureiro: Eduardo García Santiago

 Vogal: Lorena Varela Bello

 Vogal: Marcos Xosé Seoane Vázquez

Comentarios desactivados en Renovación da Xunta Directiva

A Asociación de Veciños/as Campo da Feira non é un monicreque do goberno larachés do PP


A Asociación de Veciños/as Campo da Feira de Paiosaco remitiu ao Valedor do Pobo e ó Defensor del Pueblo sendos escritos denunciando a discriminación que está a sofrir por parte do Concello da Laracha, xa que ano tras ano denegan as subvencións solicitadas pola Asociación. Somos a única asociación do municipio que solicita a subvención e non é concedida.

Nestes dous escritos exponse que a Asociación de Veciños presentou o pasado 20 de marzo alegacións ás bases da convocatoria pública das subvencións do concello da Laracha. O concello, gobernado con maioría absoluta do PP, non contestou ás alegacións, cando tiña que facelo, e paralizar o proceso das subvencións até aprobar as bases definitivas. Isto mesmo sucedeu o pasado ano cando tamén se presentaron alegacións ás bases das subvencións do 2012. O ano pasado dixeron que traspapelaran os papeis. Pasaríalles o mesmo este ano?. Dende a Asociación non queremos ser mal pensados, pero é moita casualidade que isto pase dous anos seguidos.

    Igualmente, a Asociación de Veciños/as presentou a solicitude da subvención o 6 de abril para realizar unha excursión. No mes de xuño o concello denegou a subvención á Asociación, porque segundo o goberno do PP larachés “non ten como obxecto social principal a realización de actividades da mesma natureza que aquelas para as que se solicita a subvención”. Segundo os estatutos da Asociación a actividade para a que se solicitou a subvención entra de cheo dentro dos  fins que se perseguen. En segundo lugar esiximos que o goberno municipal explique todas as subvencións que concedeu para saber se o resto das entidades teñen como fin principal a actividade para a que solicitaron a subvención, xa que de non ser así estaría discriminando á Asociación de Veciños/as Campo da Feira, tan só porque non é unha asociación monicreque do concello.

   Como dicimos o goberno municipal do PP na Laracha está discriminando ano tras ano á Asociación e isto non debería pasar nun concello democrático, xa que as administracións públicas deben de ser obxectivas, imparciais e eficaces, e dende o noso punto de vista o Concello da Laracha non o é.

Comentarios desactivados en Un ano máis sen subvención do Concello da Laracha

A A.VV. Campo da Feira organiza unha excursión o domingo 26 de maio a Estaca de Bares e ao Barqueiro.

-A saída do autobús será ás 8:45 horas, no Campo da Feira de Paiosaco.

-Iremos até A Ponte de Mera en autobús e alí colleremos o tren que nos levará ao Barqueiro.

-Á chegada visitaremos a vila mariñeira e logo iremos xantar.

-Pola tarde iremos visitar o porto de Bares e o cabo Estaca de Bares (o punto máis ao norte da Península Ibérica).

-Estaremos de volta en Paiosaco arredor das 21.00 horas

Prezos: Socios/as 22€ Non Socios/as 27€

Os prezos da excursión inclúen a viaxe en autobús, o billete do tren e o xantar.

O menú do xantar consistirá en paella, de primeiro; raxo, de segundo; e sobremesa e café.

As persoas que queiran apuntarse para a excursión poden facelo no Local Social, os sábados véspera de feira, ou nos seguintes teléfonos até o 19 de maio:

646 455 489 (Xulio) 646 300 977 (Marcos) 687 527 700 (Eduardo)

Nota: A excursión deberá pagarse no momento de anotarse, xa que hai que pagar o autobús e o billete do tren unha semana antes da viaxe.

Comentarios desactivados en Excursión a Estaca de Bares e ao Barqueiro