Mar
16

Dende a Asociación de Veciños/as Campo da Feira seguimos coa campaña para reclamar a farmacia para a vila. Desta volta colocáronse carteis en Paiosaco e na Laracha (adxúntanse fotos), para facerlle ver ao alcalde da Laracha e ó seu grupo de goberno que a reclamación deste servizo é algo moi necesario para a nosa poboación; e que dunha vez esixan dende o Concello que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia autorice a farmacia para Paiosaco, xa que dende o concello non están a facer nada para acadala. E máis, aceptan sumisamente o que lles din na Consellería. Se a Conselleira lles di que non se pode autorizar, porque non hai poboación suficiente no concello, dende o grupo de goberno larachés calan e obedecen submisamente, aínda que saben que saben que hai excepcións na normativa para poder aprobar unha farmacia para Paiosaco.
Igualmente estamos a recoller novas sinaturas para enviarllas á Conselleira de Sanidade. Desta volta a sinatura realízase por internet no portal actuable.es. Desta maneira, envíanlle un correo electrónico a Conselleira, cada vez que unha persoa asina o escrito.
Dende a Asociación seguiremos a traballar neste tema ate que Paiosaco conte coa farmacia.

Copia e pega no teu navegador este enderezo e asina:

http://actuable.es/peticiones/farmacia-paiosaco-xa

 

Os comentarios están pechados.