A Asociación de Veciñas e Veciños presentou hoxe varios escritos solicitando a mellora da estrada AC-552 ao seu paso por Paiosaco.
O primeiro dos escritos vai dirixido ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, xa que este contestou a un escrito presentado pola Asociación o pasado mes, no que se solicitaba un carril central de incorporación, para acceder ao lugar da Agrela. Na contestación do conselleiro disenos que dende o punto de vista da seguridade vial habería que facer o que nós tiñamos solicitado á Xunta, pero que isto conlevaría a perda de prazas de estaciomamento nas marxes da estrada. No escrito presentado hoxe, vólveselle a reclamar a Consellería a que faga o carril central de espera, xa que é moito máis importante a seguridade vial que un par de prazas de aparcamento.
Os outros dous escritos presentados van dirixidos ao mesmo Conselleiro e ao Alcalde da Laracha, reclamando que dunha vez se arranxe a estrada AC-552 ao seu paso por Paiosaco, xa que como todo o mundo pode comprobar está nun estado lamentable. Dende o concello da Laracha parece que lles preocupa máis que se arranxe a Praza do Generalísimo Franco que a estrada principal que atravesa o Concello.

Os comentarios están pechados.