O vindeiro sábado día 3 de marzo a Asociación de Veciños/as Campo da Feira celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria, ás 18:00 horas en 1ª convocatoria e ás 19:00 horas en segunda convocatoria.

Igualmente ese mesmo día haberá unha exposición dos cursos de coiro e cestaría que se fixeron na Asociación de Veciños/as. A exposición poderase visitar das 5 ás 8 da tarde no local social, na avda. Bergantiños, 48 de Paiosaco.

 

Os comentarios están pechados.