Feb
10
FARMACIA EN PAIOSACO XA!!!
campodafeira in 1

A  A.VV. Campo da Feira presentou hoxe tres escritos (un para o Concello da Laracha, outro para a Consellería de Sanidade e outro para o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña) para solicitar, unha vez máis, unha farmacia para Paiosaco.

Dende a Asociación de Veciños/as estamos convencidos de que o Concello da Laracha non fixo o mínimo necesario para que a nosa localidade conte con este servizo. Nembargantes, cando foron as eleccións á Xunta de 2009, o PP da Laracha dicía no seu panfleto que se gobernaba Feijoo habería farmacia en Paiosaco. Está a rematar a lexislatura, señor Alcalde. Úla farmacia?

 

 

 

Os comentarios están pechados.