A partires de marzo a Asociación de Veciños/as Campo da Feira vai ofertar as persoas asociadas dous cursos máis, un é de Informática Básica e outro de Música.

O de informática comezará o sábado 4 de marzo ás 6 da tarde e o de música o martes 7 de marzo, tamén ás 6 da tarde. Ambos os dous cursos serán impartidos no local social da avda. Bergantiños nº 48 de paiosaco.

Todas as persoas interesadas nestes cursos poden poñerse en contacto coa directiva para anotarse ou enviando un correo electrónico a: avcampodafeira@yahoo.es

 

 

Os comentarios están pechados.