Hoxe a Asociación de Veciños/as Campo da Feira de Paiosaco presentou dous escritos no concello da Laracha.
    No primeiro solicítase unha beirarrúa na parada do autobús das Rañeiras, xa que no inverno as nenas e nenos que van esperar o bus do colexio rematan cos pés enchoupados ao ter que pasar polas pozas que hai no acceso á marquesiña da parada.
    No outro escrito tamén se solicita un paso de peóns para o cruce das Rañeiras, solicitude que xa se fixo en dúas ocasións anteriores ao Concello da Laracha e á Xunta de Galiza sen telos en conta por ningunha das dúas administracións, incluso insistindo en que xa se teñen producido varios e fatais acidentes neste lugar.

IMG_20160819_115430 IMG_20160819_115443

Os comentarios están pechados.