Feb
13
Asemblea Xeral Ordinaria
campodafeira in 1

Asociación de Veciños/as “Campo da Feira”

Estimados socios e socias:

O vindeiro sábado 20 de febreiro terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Veciños/as “Campo da Feira”.
Dita Asemblea será no local social ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1º .- Lectura e aprobación da acta, se procede, da asemblea anterior.
2º .- Iniciativas levadas a cabo pola Asociación de Veciños/as, no ano anterior.
3º .- Estado de contas.
4º .- Rogos e preguntas.

Ese mesmo día 20 de febreiro comezará un curso práctico de poda e enxerto. O curso será ás 5 da tarde no local social. As persoas interesadas neste curso poden anotarse enviando un correo electrónico ou poñéndose en contacto coa directiva

Esperando a túa asistencia ao curso e á asemblea xeral, recibe un cordial saúdo.

Paiosaco a 8 de febreiro de 2016
A Directiva.

Blogue: www.campodafeira.blogaliza.gal
Correo electrónico: avcampodafeira@yahoo.es

Nota: Lémbrase que as socias e socios teñen desconto na gasolineira da Laracha. As persoas que aínda non se beneficien do desconto deben de facilitarnos a matrícula dos vehículos para facerlla chegar á xerencia da gasolineira.

Os comentarios están pechados.