Feb
2

polas fillas

A última enquisa do Instituto Galego de Estatística reflexa claramente que cada vez menos xente fala galego e que non é posíblel vivirmos no noso idioma con normalidade.

O galego continúa perseguido por quen o debería defender. A Xunta impuxo un decreto para evitar o ensino en galego. A televisión pública galega non emite debuxos animados de moda en galego. As mozas e mozos non poden escoller xogos, filmes e revistas xuvenís na nosa lingua. A moitos e moitas impídeselles a escolarización en galego.

Participa na mobilización do 8 de febreiro ás 12 da maña na Alameda de Santiago de Compostela para promover e defender a nosa lingua.

Acude a mobilización e berra: Polas fillas dos nosos fillos QUEREMOS GALEGO!!

Os comentarios están pechados.