Xuñ
1
Excuesión a Ourense
campodafeira in 1

 

Estimado/a socio/a:

A A.VV. Campo da Feira organiza unha excursión o domingo 8 de xuño a Ourense.

-A saída do autobús será ás 8:30 horas, no Campo da Feira de Paiosaco.

-Iremos até as Termas de Outariz e alí darémonos uns baños nas pozas, ao carón do río Miño.

-Ás 13:30 iremos xantar á Parrillada Don Pablo.

-Pola tarde iremos dar un paseo pola cidade vella e despois visitaremos o Parque Ferroviario con trens en miniatura.

-Estaremos de volta en Paiosaco arredor das 21.00 horas.

Prezos:

Socios/as 20€Non Socios/as 25€Nenos/as menores de 12 anos 15 €

Os prezos da excursión inclúen a viaxe en autobús, a entrada ao parque ferroviario e o xantar.

O menú do xantar consistirá en entrantes de croquetas, luras e tortilla, de primeiro; churrasco mixto con chourizo, patacas e ensalada, de segundo; e sobremesa, café e licores.

As persoas que queiran apuntarse para a excursión poden facelo no Local Social, os sábados véspera de feira, ou nos seguintes teléfonos até o 3 de xuño:

646 455 489 (Xulio) 646 300 977 (Marcos) 687 527 700 (Eduardo)

Nota: A excursión deberá pagarse no momento de anotarse, xa que hai que pagar o autobús e a entrada ao parque unha semana antes da viaxe.

Esperando a túa asistencia á excursión, recibe un cordial saúdo.

Paiosaco a 10 de maio de 2014

A Directiva.

Notas:

Recórdase a todas as socias e socios que aínda non pagaran o recibo anual de socio/a que poden facelo na conta da Asociación que ten en NovaGalicia Banco de Paiosaco, nº de conta: 2080-0079-99-3000031806, La Caixa da Laracha nº de conta: ES72 2100 4912 2722 0006 1073 ou no local social os sábados, véspera de feira, de 17:00 a 20:00 horas.

-Lémbrámosvos que as socias e socios teñen desconto na gasolineira da Laracha de 4,8 céntimos de € por litro de combustible. As persoas que aínda non disfruten deste desconto, teñen que aportar o nº matrícula dos vehículos para entregarllo a direción da gasolineira.

 

Os comentarios están pechados.