O concello laraches (gobernado polo PP) está a discriminar un ano máis á Asociación de Veciñ@s Campo da Feira, ao non lle conceder a subvención solicitada este ano.

    Dende a Asociación, queremos poñer, unha vez máis, de manifesto, a discriminación que estamos a sofrir polo Concello da Laracha.

    A pasada semana foron concedidas as subvencións municipais ás asociacións do concello. Como é habitual no goberno larachés do PP a A.VV. Campo da Feira quedou un ano máis sen subvención. É a unica asociación do concello que ano tras ano o goberno municipal non lle da subvencións. Isto parece máis da ditadura Franquista ca dunha democracia, aínda que isto non é de estrañar, xa que o actual alcalde foi tenente-alcalde no goberno municipal cunha persoa que xa estivera gobernando no concello da Laracha coa dictadura de Franco.

    O concello da Laracha non só denegou a subvención á Asociación de Veciños/as, senón que esta presentou alegacións ás bases da convocatoria das subvencións e nin sequera contestaron a estas alegacións (é estrano, pero segundo eles parece que se extraviaron, xa que non aparecen no expediente das subvencións).

    Dende a Asociación de Veciños/as Campo da Feira seguiremos a reclamar ao Concello da Laracha que non se discrimine a ningunha asociación e por suposto a ningunha persoa. Parece ser que o que lle molesta ao goberno municipal do PP é que haxa asociacións independentes que non calen nin lle rían as gracias ao alcalde e concelleiros/as, polo que semella que se non pasas polo aro non hai subvención.

    Pódense ver máis abaixo varios escritos: 1º.-A denegación da subvención. 2º.-O escrito presentado no concello este pasado mércores. 3º.- A contestación ás alegacións ás bases da convocatoria presentadas o 26 de abril e que foron contestadas polo concello o 6 de agosto, despois de estar xa concedidas as subvencións.

 

 

 

 


Os comentarios están pechados.