Xuñ
6

O domingo 27 de maio a Asociación de Veciños/as Campo da Feira de Paiosaco organizou unha excursión á Ribeira Sacra.
Pola mañá colleuse o autobús cediño, para dirixirse a Doade, alí embarcamos no catamarán no Club Náutico de Doade para viaxar polo río Sil, onde se puido contemplar a impresionante paisaxe dos Canóns do Sil, que aínda impresiona máis baixando no autobús pola estreita e revirada estrada que levaba ao embarcadoiro, e xa por non falar da espectacular vista dende o Mirador do Duque, onde se contempla dende o alto toda a beleza dos Canóns.
    Logo da viaxe en barco foise xantar, e despois de comer, fomos visitar o taller de olería Figulus, onde nos fixeron unha demostración da artesanal maneira que teñen de traballar os oleiros desa zona, que é distinta e única das utilizadas noutros sitios. E para rematar tamén se fixo unha visita a Adega Corvelle onde se degustou o bo viño que nesa pequena adega fan de maneira natural.